Archive

Archive for the ‘Info’ Category

Estreamos conta de Twitter

March 27th, 2011

Coa fínalidade de facilitar a comunicación cos fans do RealTimeBattle, abrimos unha conta de Twitter para tal propósito, podédesnos atopar en @RTB_FIC.

Ademáis de poder seguir en directo os torneos que organicemos ou asistamos, poderedes enterarvos antes que ninguén das últimas noticias unha vez se publiquen en rtb.belay.es.

O primeiro evento que retransmitiremos será o campionato de RealTimeBattle das xornadas de Software libre, se tendes un robot participando e non podedes estar presentes por calquera razón, xa sabedes qué facer.

Así que nada a facerse seguidores de @RTB_FIC en http://twitter.com/#!/RTB_FIC

Info

Xornadas Libres 2011

March 22nd, 2011

Este ano o GPUL organiza de novo as Xornadas Libres, ó igual que leva facendo dende fai uns anos. Durante os catro días que duran estas xornadas realizaranse charlas sobre proxectos Software Libre, obradoiros para manexar algunhas ferramentas SwL, e inclusive, como non podía faltar, un torneo de RealTimeBattle no que os participantes porán a proba as súas habilidades para construir robots enfrentándoos uns cos outros.

Entre os obradoiros cabe destacar un sobre cómo facer robots de RTB utilizando diferentes linguaxes de programación. Será un obradoiro moi básico, onde se pretende que a xente que nunca fixo un robot deste estilo, consiga facelo de forma sinxela e rápida, e así se o desexa, participar no torneo de RealTimeBattle que se organiza o último día.

  • Torneo RTB XL 2011: hace 6 años, 8 meses, 16 días, 6 horas, 57 minutos
  • Xornadas Libres 2011: hace 6 años, 8 meses, 19 días, 9 horas, 27 minutos

A continuación na seguinte imaxe pódense ver os temas que se tratan en cada sesión durante os catro días de xornadas.

Xornadas Libres 2011

Xornadas Libres 2011

Para aqueles que desexen axudar a difundir estas xornadas ou consultar máis facilmente os horarios, déixase tamén o ficheiro orixinal pdf aquí.

Eventos, Info, Torneos

Valoración Torneo XGN09

April 16th, 2009

Acabamos de volver da XGN09. O torneo este ano celebrouse máis tarde do normal e durou máis, pero foi debido a que se presentaron máis robots e en máis linguaxes.

Este ano foron 31 robots, algúns dos cales nin sequera funcionaron, pero como quedaron eliminados na primeira rolda tampouco importou moito.

O torneo constou dunha primeira rolda eliminatoria con oito grupos de 4 robots, agás o último no que había tres. De cada un destes grupos clasificaronse os 2 primeiros. Os 16 robots que pasaron entraron na segunda rolda eliminatoria (aínda que en realidade foron 18 debido a dous empates na primeira rolda) con grupos de 4 robots (cinco en dous grupos) nos cales se clasificaron outra vez os dous primeiros. Os oito robots que superaron esta rolda pasaron á eliminatoria final. Despois aínda houbo que desempatar para saber quen seria o gañador do terceiro premio.

O premio para o gañador foi unha impresora e un disco multimedia.

Info

XGN 09

March 3rd, 2009

Xuventude Galiza Net 10º: hace 8 años, 8 meses, 13 días, 16 horas, 27 minutos [Rematado]

Ben xa está aqui a Xuventude Galiza Net deste ano e coma sempre trae consigo a posibilidade de presentarse a un torneo de RTB que se celebra un dos días da party.

Como xa saberedes moitos de vós a XGN é unha xuntanza de informáticos e non informáticos para compartir 3 días de diversión, entretemento e frikismo extremo. Lugar para facer amigos e coñecer cousas novas grazas ás conferencias que se dan todos os días.

Para poder asistir a esta party só hai que seguir 3 pasos moi sinxelos:

  1. Darse de alta como usuario na web da XGN (http:\\www.xuventudegaliza.net)
  2. Estar atento o sábado 7 de Marzo ás 17:00 horas en punto para facer a preinscrición. Hai que estar a esa hora en punto actualizando a páxina principal xa que conseguen a preinscrición os primeiros que consigan anotarse. Este ano o número de plazas é maior, polo que teredes uns minutos máis para preinscribirvos.
  3. Pagar a cantidade de 27 Euros se tes o Carné Xove ou o Carné Máis, ou 37 Euros para aqueles que non posúan estes carnés o día da party.

Unha vez realizados estes pasos xa eres oficialmente participante da XGN desta edición.

Logo unha vez dentro só tes que presentar o teu robot de RTB a través da web interna da party e esperar ata a hora na que se realizan os combates.

Os premios invitan a participar xa que normalmente o primeiro premio está valorado nuns 500 ou 600 Euros.

Espero que todos os que poidades vos animedes e participedes desta experiencia única e se presentades un robot só me queda desexarvos sorte e ¡que gañe o mellor!

Eventos, Info, Torneos

INAUGURACION

October 30th, 2007

En primeiro lugar vamos a presentarnos. Somos 3 estudantes de Enxeñería Técnica Informática da facultade de informática da coruña (FIC) que queremos dar a coñecer o xogo de programación de robots RealTimeBattle:

Read more…

Info