Archive

Archive for April, 2009

Torneo RealTimeBattle XSL09

April 16th, 2009

Torneo RTB XSL 09:  hace 9 años, 5 meses, 25 días, 0 horas, 50 minutos (Rematado)

Ola, como en tódolos últimos anos nas Xornadas de Software Libre organizadas polo GPUL na FIC este ano tamén se celebrará o torneo de RealTimeBattle. Ademais tamén se haberá un pequeno obradoiro uns días antes para que a xente interesada poida crear o seu propio robot.

O obradoiro celebrarase o día Luns 20 de Abril do 2009 entra as 18:30 e as 19:30 na Aula de Graos da FIC. O torneo será tres días despois, o Xoves 23 de Abril do 2009 a partir das 18:45 ata as 20:00 na Aula 3.4 da FIC.

O premio para o gañador do torneo serán 60 euros en material informático. Supoñemos que a data límite para o envío dos robots será bastante flexible coma os anos anteriores, aínda que é preferible telo enviado a noite anterior ó día do torneo.

Máis información sobre as XSL  na Páxina Oficial e na seción de Eventos.

Para máis infromación sobre o torneo de RTB na seción de Torneos -> Torneo XSL 09

Eventos, Torneos

Valoración Torneo XGN09

April 16th, 2009

Acabamos de volver da XGN09. O torneo este ano celebrouse máis tarde do normal e durou máis, pero foi debido a que se presentaron máis robots e en máis linguaxes.

Este ano foron 31 robots, algúns dos cales nin sequera funcionaron, pero como quedaron eliminados na primeira rolda tampouco importou moito.

O torneo constou dunha primeira rolda eliminatoria con oito grupos de 4 robots, agás o último no que había tres. De cada un destes grupos clasificaronse os 2 primeiros. Os 16 robots que pasaron entraron na segunda rolda eliminatoria (aínda que en realidade foron 18 debido a dous empates na primeira rolda) con grupos de 4 robots (cinco en dous grupos) nos cales se clasificaron outra vez os dous primeiros. Os oito robots que superaron esta rolda pasaron á eliminatoria final. Despois aínda houbo que desempatar para saber quen seria o gañador do terceiro premio.

O premio para o gañador foi unha impresora e un disco multimedia.

Info