Home > Info > Valoración Torneo XGN09

Valoración Torneo XGN09

April 16th, 2009

Acabamos de volver da XGN09. O torneo este ano celebrouse máis tarde do normal e durou máis, pero foi debido a que se presentaron máis robots e en máis linguaxes.

Este ano foron 31 robots, algúns dos cales nin sequera funcionaron, pero como quedaron eliminados na primeira rolda tampouco importou moito.

O torneo constou dunha primeira rolda eliminatoria con oito grupos de 4 robots, agás o último no que había tres. De cada un destes grupos clasificaronse os 2 primeiros. Os 16 robots que pasaron entraron na segunda rolda eliminatoria (aínda que en realidade foron 18 debido a dous empates na primeira rolda) con grupos de 4 robots (cinco en dous grupos) nos cales se clasificaron outra vez os dous primeiros. Os oito robots que superaron esta rolda pasaron á eliminatoria final. Despois aínda houbo que desempatar para saber quen seria o gañador do terceiro premio.

O premio para o gañador foi unha impresora e un disco multimedia.

Info

  1. No comments yet.
  1. No trackbacks yet.