Home > Eventos, Torneos > Torneo RealTimeBattle XSL09

Torneo RealTimeBattle XSL09

April 16th, 2009

Torneo RTB XSL 09:  hace 8 años, 1 mes, 29 días, 14 horas, 30 minutos (Rematado)

Ola, como en tódolos últimos anos nas Xornadas de Software Libre organizadas polo GPUL na FIC este ano tamén se celebrará o torneo de RealTimeBattle. Ademais tamén se haberá un pequeno obradoiro uns días antes para que a xente interesada poida crear o seu propio robot.

O obradoiro celebrarase o día Luns 20 de Abril do 2009 entra as 18:30 e as 19:30 na Aula de Graos da FIC. O torneo será tres días despois, o Xoves 23 de Abril do 2009 a partir das 18:45 ata as 20:00 na Aula 3.4 da FIC.

O premio para o gañador do torneo serán 60 euros en material informático. Supoñemos que a data límite para o envío dos robots será bastante flexible coma os anos anteriores, aínda que é preferible telo enviado a noite anterior ó día do torneo.

Máis información sobre as XSL  na Páxina Oficial e na seción de Eventos.

Para máis infromación sobre o torneo de RTB na seción de Torneos -> Torneo XSL 09

Eventos, Torneos

  1. April 17th, 2009 at 13:24 | #1

    Hola,

    sabedes si é necesario asistir as xornadas pra presentar un robot ao Torneo de RealTimeBattle?

    Son de Ourense e gustaríame poder presentar un robot, pero dúbido que poida ir ata a Coruña.

    Gracias de antemán.

  2. April 17th, 2009 at 16:50 | #2

    @DunklerGeier
    Boas,
    Son Sergio, en principio non é preciso asistir, pero de todas formas confírmocho o luns, falo co organizador ou digolle a el que che conteste aqui directamente. Ainda asi ten preparado o robot, jejeje.

    Deica logo, un saudo

  3. Teodoro
    April 17th, 2009 at 17:15 | #3

    Como organizador, confirmo que non é necesario asistir ás xornadas para participar.

  4. May 6th, 2009 at 12:02 | #4

    Boas,

    ¿sabedes se ao final se fixo o campeonato de RTB das Xornadas de Software Libre?

    Gracias de antemán.

    Saúdos e perdón polas molestias :D

  5. May 6th, 2009 at 12:11 | #5

    Celebrou. Pero aínda non nos enviaron os robots, nin os resultados, nin temos vídeo. Ademais tampouco tivemos agora moito tempo para actualizar a páxina, perdón.

    Estamos enredados, e ata despois de xuño hanos ser dificil atopar tempo libre para actualizar a páxina. Pero se nos pasan algo do material colgarémolo o antes posible.

    Ata logo,
    Leandro Regueiro

  6. May 6th, 2009 at 16:06 | #6

    @unho
    Gracias..

    só era por saber si se había realizado.

    Graciñas

  7. March 14th, 2010 at 21:14 | #7

    Queremos RTB en XGN2010!!!

    :)

  1. No trackbacks yet.