Home > Eventos, Torneos > Torneo RTB San Pepe 10

Torneo RTB San Pepe 10

March 22nd, 2010

Torneo RTB San Pepe 10: hace 7 años, 4 meses, 1 día, 6 horas, 30 minutos (Rematado)

Este ano có motivo do San Pepe 10 organizarase a segunda edición do torneo de RTB na FIC (Facultade de Informática da Coruña). En principio non haberá premio seguro para o gañador pero faremos un esforzo para que non se vaia coas mans baleiras. O que si é seguro é que nolo vamos pasar de marabilla.

Pode participar todo aquel que o desexe, non ten por que ser estudante. Invitámosvos a todos a participardes no concurso. E a todos os que queiran ver o torneo ou sinta curiosidade polo que é poderano ver en direto na aula da Facultade designada a tal efeto para ese día (2.5).

A continuación poñémosvos as instrucións para participardes e cómo se van realizar os combates:

  • Participa enviando un correo co asunto “Inscrición” indicando o teu nome á direción rtbfic.sanpepe@gmail.com ata o 25 de Marzo ás 23:59:59
  • Só se poderá presentar 1 robot por participante e todos os robots deberán conter as instrucións de compilación e estar licenciados baixo GPL.
  • La data límite para entregar os robots será o día 25 de Marzo ás 23:59:59 co asunto “Robot: nome_robot” e indicando o nome de quén o presenta na direción: rtbfic.sanpepe@gmail.com
  • O día do torneo descargaranse os robots e compilaranse.
  • O torneo realizarase coas opcións predeterminadas a excepción do tempo de batalla que será de 90 segundos en vez de 120 (para reducir a duración do torneo)
  • Haberá unha liga final de entre 6 e 8 robots que se enfrontarán 1 contra 1 dúas veces. No caso de que haixa máis robots no torneo, faranse unhas eliminatorias previas para que pase ese número de participantes á final.

Eventos, Torneos

  1. No comments yet.
  1. No trackbacks yet.