Home > Eventos, Info, Torneos > XGN 09

XGN 09

March 3rd, 2009

Xuventude Galiza Net 10º: hace 8 años, 1 mes, 22 días, 0 horas, 39 minutos [Rematado]

Ben xa está aqui a Xuventude Galiza Net deste ano e coma sempre trae consigo a posibilidade de presentarse a un torneo de RTB que se celebra un dos días da party.

Como xa saberedes moitos de vós a XGN é unha xuntanza de informáticos e non informáticos para compartir 3 días de diversión, entretemento e frikismo extremo. Lugar para facer amigos e coñecer cousas novas grazas ás conferencias que se dan todos os días.

Para poder asistir a esta party só hai que seguir 3 pasos moi sinxelos:

  1. Darse de alta como usuario na web da XGN (http:\\www.xuventudegaliza.net)
  2. Estar atento o sábado 7 de Marzo ás 17:00 horas en punto para facer a preinscrición. Hai que estar a esa hora en punto actualizando a páxina principal xa que conseguen a preinscrición os primeiros que consigan anotarse. Este ano o número de plazas é maior, polo que teredes uns minutos máis para preinscribirvos.
  3. Pagar a cantidade de 27 Euros se tes o Carné Xove ou o Carné Máis, ou 37 Euros para aqueles que non posúan estes carnés o día da party.

Unha vez realizados estes pasos xa eres oficialmente participante da XGN desta edición.

Logo unha vez dentro só tes que presentar o teu robot de RTB a través da web interna da party e esperar ata a hora na que se realizan os combates.

Os premios invitan a participar xa que normalmente o primeiro premio está valorado nuns 500 ou 600 Euros.

Espero que todos os que poidades vos animedes e participedes desta experiencia única e se presentades un robot só me queda desexarvos sorte e ¡que gañe o mellor!

Eventos, Info, Torneos

  1. Gabry
    April 9th, 2009 at 19:16 | #1

    Espero que sigais con la página, por lo menos a mi me habeis servido de gran ayuda ya que siguiendo el API de python que dejasteis he quedado 3º en la XGN y no mejor porque tuve un error que se me pasó aumentar un contador y al coger una cookie daba vueltas como loco(ya lo habreis visto…xD).

  2. July 7th, 2009 at 01:24 | #2

    You know so many interesting infomation. You might be very wise. I like such people. Don’t top writing.

  1. No trackbacks yet.