Home > Eventos, Info, Torneos > Xornadas Libres 2011

Xornadas Libres 2011

March 22nd, 2011

Este ano o GPUL organiza de novo as Xornadas Libres, ó igual que leva facendo dende fai uns anos. Durante os catro días que duran estas xornadas realizaranse charlas sobre proxectos Software Libre, obradoiros para manexar algunhas ferramentas SwL, e inclusive, como non podía faltar, un torneo de RealTimeBattle no que os participantes porán a proba as súas habilidades para construir robots enfrentándoos uns cos outros.

Entre os obradoiros cabe destacar un sobre cómo facer robots de RTB utilizando diferentes linguaxes de programación. Será un obradoiro moi básico, onde se pretende que a xente que nunca fixo un robot deste estilo, consiga facelo de forma sinxela e rápida, e así se o desexa, participar no torneo de RealTimeBattle que se organiza o último día.

  • Torneo RTB XL 2011: hace 6 años, 1 mes, 24 días, 15 horas, 9 minutos
  • Xornadas Libres 2011: hace 6 años, 1 mes, 27 días, 17 horas, 39 minutos

A continuación na seguinte imaxe pódense ver os temas que se tratan en cada sesión durante os catro días de xornadas.

Xornadas Libres 2011

Xornadas Libres 2011

Para aqueles que desexen axudar a difundir estas xornadas ou consultar máis facilmente os horarios, déixase tamén o ficheiro orixinal pdf aquí.

Eventos, Info, Torneos

  1. No comments yet.
  1. No trackbacks yet.