Home > Eventos, Torneos > Torneo RTB San Pepe 09

Torneo RTB San Pepe 09

March 9th, 2009

Torneo RTB San Pepe 09: hace 8 años, 2 meses, 8 días, 2 horas, 50 minutos (Rematado)

Este ano có motivo do San Pepe 09 organizarase de novo, despois de moitos anos, un torneo de RTB na FIC (Facultade de Informática da Coruña). Pero esta vez organizámolo nós. Haberá premio seguro para o gañador e como ainda temos por determinar un patrocinador intentaremos que tamén o haixa para o segundo e terceiro posto.

Pode participar todo aquel que o desexe, non ten por que ser estudante. Invitámosvos a todos a participardes no concurso. E a todos os que queiran ver o torneo ou sinta curiosidade polo que é poderano ver en direto nunha das aulas da Facultade designada a tal efeto para ese día.

A continuación poñémosvos as instrucións para participardes e cómo se van realizar os combates:

  • Participa enviando un correo co asunto “Inscrición” indicando  o teu nome á direción rtb.sanpepe09@gmail.com ata o 17 de Marzo ás 12:00:00
  • Só se poderá presentar 1 robot por participante e todos os robots deberán conter as instrucións de compilación e estar licenciados baixo GPL.
  • La data límite para entregar os robots será o día 17 de Marzo ás 23:59:59 co asunto “Robot: nome_robot” e indicando o nome de quén o presenta na direción: rtb.sanpepe09@gmail.com
  • O día do torneo descargaranse os robots e compilaranse.
  • O torneo realizarase coas opcións predeterminadas a excepción do tempo de batalla que será de 90 segundos en vez de 120 (para reducir a duración do torneo)
  • Haberá unha liga final de entre 6 e 8 robots que se enfrontarán 1 contra 1 dúas veces. No caso de que haixa máis robots no torneo, faranse unhas eliminatorias previas para que pase ese número de participantes á final.

Eventos, Torneos

  1. March 10th, 2009 at 14:34 | #1

    Na seguinte ligazón tedes apis e exemplos para facer o teu bot

    http://www.pablobelay.es/realtimebattle/?page_id=16

  1. No trackbacks yet.